Instrucións de admisión na FP en GALICIA para o curso 2017/2018

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  •   Período ordinario: do 26 de xuño ao 4 de xullo de 2017
  •   Período extraordinario: do 1 ao 9 de setembro de 2017

CALENDARIO OFICIAL DE ADMISIÓN PUBLICADO NA WEB DA CONSELLERÍA

REQUISITOS DE ACCESO (Normativa: Orde do 15 de xullo de 2016)

Para este curso 2017/2018 o título de ESO permitirá acceder indistintamente a calquera das ensinanzas postobrigatorias, non teñen efecto académico as probas de avaliación final (A disposición derradeira quinta da LOMCE foi modificada polo Real decreto-lei 5/2016, do 9 de decembro, e desenvolvido polo Real decreto 562/2017, do 2 de xuño,  ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación).

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE

  • A solicitude vía web é obrigatoria e realízarase para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.
  • Deberá cubrirse unha única solicitude para cada grao (medio ou superior).
  • Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser debídamente entregada e en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. 
  • No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

As persoas con praza adxudicada poden: 

  •  Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Estar matriculado en calquera ensinanza, incluída a FCT, implica a renuncia a participar no proceso de admisión a ciclos formativos.
  •  Renunciar á praza: deberase facer, nos prazos establecidos, en calquera centro público de Galicia con oferta de FP ou a distancia a través da aplicación informática. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. Seguirase no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza que se renuncia. 
  •  Non matricularse nin renunciar: as persoas que non se matriculen nin renuncien a prazas adxudicadas do réxime ordinario quedarán excluídas do proceso de admisión para este réxime e só se poderán matricular en prazas que queden vacantes ou liberadas.

MATRICULACIÓN E RENUNCIA

  •  As persoas con praza adxudicada en cada fase do proceso teñen a obriga de matricularse nos prazos que se indiquen.
  • No 1º curso do réxime ordinario, quen non fose admitido na praza solicitada en primeiro lugar poderá renunciar á praza outorgada nos mesmos prazos establecidos para a matrícula. Esta renuncia implica tamén desistir de todas as demais prazas solicitadas en opcións de menor preferencia a esa, permanecendo nas listas de espera das opcións con maior prioridade.
  • A renuncia deberase realizar co impreso correspondente. Este documento, cuberto coa renuncia e asinado, deberá entregarse no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos ou no centro no que lle fose adxudicada a praza á que vai renunciar. 

LIBERACIÓN DE PRAZAS: 

  • A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá liberar as prazas vacantes dos ciclos formativos ata o 31 de xullo e o 6 de outubro ás 13:00 horas para alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. 
  • Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes. 
  • A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar na páxina web de formación profesional.

MÁIS INFORMACIÓN:

Education - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.