Colegio Doroteas Pontevedra

Equipo Dinamización Lingua Galega

 

Para potenciar o uso da lingua galega no noso Centro constituiuse un equipo de normalización e dinamización lingüística, que actúa baixo a supervisión da dirección do centro e que está formado por profesorado de distintas etapas.

Este equipo de normalización e dinamización lingüística ten un papel fundamental no deseño, posta en práctica e revisión dos programas de normalización lingüística no Centro, tal e como se prevé no Plan Xeral de Normalización da lingua galega.

Os membros do equipo de dinamización da lingua galega serán nomeados pola dirección do centro.

É competencia do equipo de dinamización da lingua galega:

a) Presentar, a través do claustro de profesorado, propostas ao equipo directivo para a fixación de obxectivos de dinamización da lingua galega que se incluirán no proxecto educativo.

b) Deseñar un programa anual de promoción da lingua galega para o logro dos obxectivos previstos no proxecto funcional e colaborar coa comisión encargada da redacción do proxecto lingüístico da escola.

c) Presentarlle á xefatura da área de formación o orzamento de investimento dos recursos económicos que lle sexan asignados para a súa aprobación no Consello social.

d) Calquera outra encomendada pola consellería competente en materia de educación no ámbito das súas competencias.

e) Crear un clima de respecto cara ás tradicións propias.

f) Potenciar o traballo conxunto con alumnos doutros centros da comarca.

g) Participar en todas actividades propostas desde as institucións locais: pleno infantil no concello, concursos literarios das letras galegas, concurso do cartel anunciador do desfile infantil do entroido, desfile do entroido, participación nos maios, etc…

h) Aprender a valorar e estimar a nosa Lingua facendo uso dela en todas as situacións comunicativas.

i) Familiarización coas bibliotecas valorando as súas posibilidades de servizo comunitario.

j) Fomentar a afección pola lectura en galego.

k) Potenciar a dimensión expresivo-comunicativa.

 

 

 

error: Descarga No Permitida